Demostración. Esta non é a web oficial da festa e os pagos son de proba. Ir á web oficial

Cadro con centolas, ameixas, mexillóns, unha vela e un barco ao solpor pola fiestra.
Cadro do cartel: Diego Vites

LXIV Festa do Marisco

Do 30 de setembro ao 12 de outubro de 2027

O Grove. Ver no mapa

Abrir o monedero

Aquí págase sen efectivo

Recarga saldo antes de vir ou xa na festa e paga en todos os postos co mesmo QR.

  1. Recarga saldo

    No monedero do móbil, con tarxeta bancaria, ou na taquilla, en efectivo ou con datáfono.

  2. Ensina o QR no posto

    O do móbil ou o da tarxeta da festa. O posto escanéao e cobra o que pediches.

  3. Recupera o que sobre

    O saldo que non gastes devólvese. Nas preguntas de abaixo explicámosche como.

Escanea para abrir o monedero

monedero.test.reb-labs.com
No móbil
Entra co teu email, recarga e leva o QR sempre contigo. Non hai nada que instalar.
Coa tarxeta da festa
Recóllea na taquilla. Leva un QR e paga igual ca o móbil.
Na taquilla
Recarga 5, 10, 20 ou 50 €, ou o importe que queiras, en efectivo ou con datáfono.
Con vales
Os vales seguen valendo en todos os postos, aos mesmos prezos. Mércanse na taquilla.

Trece días de festa

Horario das caixas, día a día. Os postos e a cociña pechan media hora despois.

  1. 30xoves, set19:00–22:30Primeiro día
  2. 1venres, out11:30–17:0019:30–23:00
  3. 2sábado, out11:30–17:0019:30–23:00
  4. 3domingo, out11:30–17:0019:30–23:00
  5. 4luns, out12:00–16:3019:30–22:30
  6. 5martes, out12:00–16:3019:30–22:30
  7. 6mércores, out12:00–16:3019:30–22:30
  8. 7xoves, out12:00–16:3019:30–22:30
  9. 8venres, out11:30–17:0019:30–23:00
  10. 9sábado, out11:30–17:0019:30–23:00
  11. 10domingo, out11:30–17:0019:30–23:00
  12. 11luns, out12:00–16:3019:30–22:30
  13. 12martes, out11:30–17:00Último día

O programa de actos de 2027 aínda non está publicado. Cando saia, estará na web oficial.

Entrada libre. Oficina de Turismo: 986 731 415.

Plano dos postos

Plano de exemplo para a demostración: a situación dos postos non é a real.

Plano de exemplo: dúas filas de postos arredor das mesas, a barra e as sobremesas ao fondo e as dúas taquillas nas entradas. A lista cos números está ao lado.
  1. Polbo
  2. Pan
  3. Marisco
  4. Berberechos
  5. Ameixas
  6. Ostra
  7. Zamburiñas
  8. Navallas
  9. Vieiras
  10. Ameixas á mariñeira
  11. Mexillón
  12. Arroz de marisco
  13. Fideos mariñeiros
  14. Fideos negros
  15. Empanadas
  16. Barra de bebidas
  17. Sobremesas
  • T1 e T2: taquillas, para recargar e recuperar saldo

A carta completa, con prezos, está na web oficial.

Preguntas frecuentes

Que fago co saldo que me sobra?

Recupérao. O que recargaches na taquilla devólvese en efectivo na propia taquilla, e a túa tarxeta queda a 0 €. O que recargaches no monedero pídese desde o monedero, en «Devolver lo recargado online».

Onde me devolven o diñeiro das recargas online?

Na tarxeta bancaria coa que pagaches. Confírmase cun código que che chega ao email, e podes pedilo tamén cando acabe a festa.

E se me cobran de máis nun posto?

Avisa no momento: o posto pode desfacer o último cobro durante dous minutos e o importe volve ao teu saldo. Pasado ese tempo, vai á taquilla.

Perdín o móbil. Perdo o saldo?

Non. Entra no monedero desde outro móbil co teu email e toca «He perdido el móvil». Créase un QR novo, o saldo pasa a el e o anterior deixa de funcionar.

E se perdo a tarxeta?

Vai á taquilla: bloquéana para que ninguén a use e pasan o saldo a unha tarxeta nova.

Necesito cobertura para pagar?

Non para ensinar o QR: o monedero gárdao no móbil. Para recargar si. Unha recarga online chega aos postos en menos dun minuto.